ConcellosÚltima hora

Un home queda atrapado no seu vehículo tras sufrir un accidente en Quiroga

Foi excarcerado polos servizos de emerxencia e trasladado a un centro hospitalario

 

Minutos antes das 17:20h. desta tarde de 14 de outubro un coche que circulaba pola estrada N-120 saíase da vía no punto quilométrico 489 á altura de Quiroga (en sentido O Barco de Valdeorras) e envorcaba, segundo informa o 112 Galicia. Como consecuencia do accidente un home quedaba ferido e atrapado no interior do vehículo.

Dende o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Monforte, dos efectivos do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada. Ademais, informouse do sinistro a Protección Civil da localidade.

Finalmente, o home ferido no accidente foi excarcerado polos bombeiros e trasladado a un centro médico.

 

Artigos relacionados

Back to top button