Na tarde do 13 de abril producíase un incendio nunha vivenda habitada no pobo de Cerdeiros, pertencente ao municipio de San Xoán de Río. As chamas desa casa prendían tamén na vivenda contigua. Ata alí se desprazaban diversos efectivos de emerxencias: dous operativos do GES de Castro Caldelas, voluntarios de Protección Civil de Trives e o seu motobomba, así como dous camións da Xunta.
Os equipos de extinción, que aínda continúan traballando no incendio no intre de escribir estas liñas, lograron frear en gran medida as chamas na segunda casa, se ben a primeira resultaba moi danada.