En portadaÚltima hora

Un incendio afecta a dúas casas en Petín, unha delas habitada

No suceso, que se producía esta madrugada, non hai que lamentar danos persoais

 

Arredor das cinco desta madrugada un lume alertaba aos veciños do barrio de Santiago de Petín. Producíase un incendio nunha casa, unha das máis antigas da vila, que estaba en reformas e que se estendía a outra vivenda lindeira que si estaba habitada, segundo o 112 Galicia que, avisado polos veciños, activaba un operativo de extinción composto polo GES de Valdeorras, axentes da Garda Civil, Protección Civil de Petín e os bombeiros do parque comarcal.

Dende o 112 Galicia tamén indican que, afortundamente, non houbo que lamentar danos persoais. “Ninguén resultou afectado, mais os danos rexistrados foron importantes debido ás perdas que se produciron. En concreto, ardeu a vivenda en obras e boa parte da lindeira”.

Os equipos de extinción continuaban esta mañá no lugar do incendio coas labores que lles permitirán apagar definitivamente o lume e tamén para iniciar traballos de desescombro.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button