En portadaÚltima horaVídeos

Un incendio forestal en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras)

 

Ás 15:29h. desta tarde iniciábase un incendio na parroquia de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), segundo informa a Consellería do Medio Rural. O lume está activo arestora e, polo momento non hai datos de superficie afectada.

No lugar traballaban nos labores de extinción 1 helicóptero, 3 axentes e 2 brigadas. Tamén se desprazaba ata o lugar Protección Civil de Vilamartín, así como a Garda Civil e a Garda Civil de Tráfico.

 

Os veciños de Córgomo tamén seguían con moita atención e preocupación a evolución das chamas, que nalgúns puntos se achegaban a naves e casas da localidade. Nalgúns casos mesmo levaban batelumes por se fose necesario intervir.

En canto se teñan máis datos, ampliarase información.

Fotos: A.R.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button