OurenseÚltima hora

Un incendio forestal en Ourense queima 10 hectáreas de monte

O lume iniciouse cara á unha e media da tarde e quedou controlado ás 17:45. As causas, que se están a investigar, poderían ser a queima duns libros
O lume iniciouse preto das casas pero non foron desaloxadas. // Foto: Brif de Laza.

Unha nube de fume cubría o ceo da cidade cara ás 13:25 horas. Un incendio forestal declarouse, segundo informaron os Bombeiros de Ourense, na zona de Casardomato, en O Pino, a excasos seis quilómetros da zona de Baño de Outariz. Segundo puideron confirmar fontes de Medio Rural, o lume quedou estabilizado cara ás 17:45 horas e as lapas queimaron un total de 10 hectáreas de arborado e monte baixo. Asemade, aseguraron que ningunha casa da zona tivo que ser desaloxada.

 

Vista do incendio dende o mirador da rúa Estrela con Pena Trevinca. // Foto: Carlos Asensio.

En total , para a extinción deste lume, participaron tres axentes, 11 brigadas, catro motobombas, oito helicópteros e un avión. Entre ese equipo estivo a Brin de Laza e os Bombeiros de Ourense, que recibiron o apoio do helicóptero da Brif de Tabuyo, con base en León. Segundo informaron, na zona atopáronse restos de libros e apuntes queimados que puideron ser a causa do lume.

No seguinte vídeo do Twitter da Brif de Laza pódese apreciar a magnitude do lume:

 

Artigos relacionados

Back to top button