En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Un incendio forestal en Pentes (A Gudiña) obriga a cortar a autovía A-52

 

O lume volvía ás terras da Gudiña na noite do sábado 12 de setembro. Producíase un incendio forestal en Pentes (A Gudiña), que leva afectado, segundo as primeiras estimacións provisionais, unhas 20 hectáreas.

 

 

Arredor das once da noite este lume obrigaba a cortar ao tráfico a autovía A-52 “polo fume e para permitir os labores de extinción do citado incendio”, segundo a Consellería do Medio Rural. O corte da circulación producíase á altura de Erosa dende o km 131 ao 124, en ambos sentidos, segundo a Dirección Xeral de Tráfico. Os vehículos están sendo desviado pola N-525 á altura da Gudiña.

 

 

O lume saltaba a autoestrada e chegaba moi preto da gasolineira de Erosa. Ademais de diversos medios de extinción, tamén se mobilizaban o GES da Gudiña e os veciños, con maquinaria e mesmo botando man de xestas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button