ConcellosÚltima hora

Un incendio forestal en Prado (Vilar de Barrio) obriga a cortar a liña férrea Zamora-Ourense

 

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Prado.

O lume iniciouse ás 22:35 h. de onte e, segundo as primeiras estimacións coa luz do día, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas. No seu control levan participado ata o de agora 4 axentes, 12 brigadas, 4 motobombas e 2 pas.

Este lume obrigou a cortar pola noite a vía férrea Zamora-Ourense á altura do quilómetro 195 por mor do fume existente na zona, un corte que aínda se mantén a esta hora.

Artigos relacionados

Back to top button