A RúaConcellosÚltima hora

Un letreiro luminoso para dar a benvida á Rúa

 

A entrada á Rúa dende Petín é dende onte un pouco máis vistosa e atractiva, tanto para os propios veciños como para os visitantes. “Aproveitando o paso da Volta a España feminina que foi retransmitida a moitos países, ocorreúsenos colocar na rotonda preto da Ponte da Cigarrosa, o cartel co nome da vila para darlle vistosidade a ese acceso polo que entraban as ciclistas”, explica o concelleiro de Cultura, Turismo e Deportes, José Vicente Solarat.

El mesmo explica que o cartel, feito en madeira e con bombillas, pertencía á Asociación San Cristóbal. “Cedérono ao Concello que se encargou de restauralo e agora quedará nese punto da rotonda dando á benvida á vila, coa idea de iluminalo pola noite”, di Solarat, adiantando que nun futuro terán que facelo nun material máis resistente “para que aguante as inclemencias do tempo porque agora é de madeira. Tamén o pintaremos doutra cor porque o branco fúndese con outros elementos da contorna e non destaca como quixeramos”, conclúe o edil.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button