CulturaCulturaÚltima hora

Un libro para descubrir neste verán o legado aurífero romano

“Oro en la Galicia interior. Minería romana”, que pode atoparse nas librerías e quioscos, fai un percorrido polos principais xacementos nos que Roma explotou dous mil anos atrás
Portada do libro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Son numerosas e apenas coñecidas. Dous mil anos atrás a conca de ríos como o Sil, o Lor, o Bibei ou o Camba estaba sementada de minas, cuxas cicatrices perviven hoxe na paisaxe. Unha explotación a gran a escala, considerada polos expertos como a primeira “industrialización” de Galicia, para facerse cun metal especialmente prezado polo Imperio romano: o ouro.

 

 

Ese intenso labor extractivo, que se prolongou ao longo de case tres séculos, mudou para sempre a paisaxe de comarcas como Valdeorras, Quiroga (Lugo), O Carballiño ou O Bierzo, xa na veciña provincia de León e deixou innumerables restos de gran valor cultural e arqueolóxico, pero, na maior parte dos casos descoñecidos. En torno a este rico patrimonio romano xira o libro “Oro en la Galicia Interior. Minería romana”, que publicada no 2013 a empresa valdeorresa GARHERVE, SL.

 

 

Trátase dun traballo de 88 páxinas (todas a cor), que se ilustran con multitude de fotografías e mapas de localización dos diversos xacementos auríferos. Este volume, que pode mercarse en quioscos e librerías de Galicia a un prezo de 10 euros, permite descubrir algunhas das máis interesantes e significativas mostras da ansia romana na procura de ouro.

 

Artigos relacionados

Back to top button