CulturaCulturaEntroido 2021Última hora

Un Martes de Entroido sen desfile en Trives

 

O Martes de Entroido é un dos días grandes desta festa en Trives. Pola tarde, a vila acostuma acoller un desfile coa participación dos folións do municipio (Os Labregos, A Caniceira, As Maceiras, A Lardeira e o de Sobrado) e de diversas comparsas. Sen embargo, desta volta as súas rúas permanecían case baleiras e silenciosas.

Tal e como sucedera co encontro de Folións que organizan Os Labregos no domingo previo ao Domingo Gordo, os actos do Entroido trivés non se celebraron por mor da situación sanitaria actual.

Aínda así, nestes días, podían verse algúns xestos festivos simbólicos como os adornos da fachada do Concello de Trives.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button