EconomíaEconomíaÚltima hora

Un mel de bosque trivés, segundo premio no “Concurso de Mel 5 Estrelas da AGA”

Neste certame resultaban premiados un total de 7 meles da provincia de Ourense

 

O III Concurso de Mel 5 Estrelas, organizado pola Asociación Galega de Apicultura (AGA), celebrábase este ano cunha elevada participación dos apicultores de Galicia. As mostras seleccionadas, que pasaban á fase final do concurso, foron sometidas a cata polo xurado, que estivo presidido por Amparo Pardo, xerente do Museo O Enredo do Abelleiro, e composto por André Arzúa, restaurador e xerente de Espazo Abella; Dolores Rodríguez, apicultora e socia de AGA; Joaquín Lozano, veterinario de AGA; Noela Torres, restauradora e técnica de AGA.

Foron en total 63 mostras de mel, provintes das catro provincias, que participaron nas diferentes categorías: 20 como multifloral e 43 monoflorais, repartidas entre castiñeiro, queiroga, silva e mel de bosque, unha variada e completa representación de meles de todo o noso territorio. A categoría de eucalipto quedou este ano fóra do concurso por non chegar ó mínimo de mostras necesarias.

Entre os distinguidos hai un total de sete apicultores ourensán, un deles da Pobra de Trives: Xabier Sotelo Fernández.

 

 

Os gañadores por categoría son os seguintes:

Multifloral

· 1º premio: Mª Josefa Durán Casal, Monfero (A Coruña)
· 2º premio: Javier Roo Muradas, Beariz (Ourense)
· 3º premio: Iago Fernández Pena, O Valadouro (Lugo)

Mel de bosque
· 1º premio: Amable Pérez Diz, Muíños (Ourense)
· 2º premio: Xabier Sotelo Fernández, A Pobra de Trives (Ourense)
· 3º premio: Miguel Morales Añel, Allariz (Ourense)

Monofloral de castiñeiro

· 1º premio: Javier Carreiras Cuadrado, Alfoz (Lugo)
· 2º premio: José Luis Esteban García, Lugo
· 3º premio: José Antonio Pazos González, Laza (Ourense)

Monofloral de queiroga

· 1º premio: José Luis Pérez Fernández, Lugo
· 2º premio: Andrés Pérez Costa, Cedeira (A Coruña)
· 3º premio: Iván Marrube Rodríguez, Alfoz (Lugo)

Monofloral de silva

· 1º premio: David Souto Gago, Verín (Ourense)
· 2º premio: Iván González Álvarez, Monforte (Lugo)
· 3º premio: Diana Iglesias Laso, Baltar (Ourense)

Ademais, dende a organización do concurso infórmase de que os meles premiados en primeiro posto de cada categoría irán identificados cos selos “Mel 5 Estrelas”, para recoñecelos como os mellores meles do ano 2021.

A Asociación Galega de Apicultura comprará ademais un lote deses meles a cada unha das persoas gañadoras, por un valor de 1.200 €, que destinará á súa promoción nas feiras e outros eventos apícolas que se realizan durante o ano por toda Galicia. Tamén se poñerán á venda a través da tenda online “Máis que Mel”, á que se pode acceder á través da web www.ericamel.gal.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button