EconomíaEconomíaÚltima hora

Un mel rues, entre os mellores de Galicia

Mel Veiga Florida de Maribel García Porto lograba a medalla de prata na categoría de monoflorais na XVII Cata dos Meles
A valdeorresa Maribel García (á dereita da imaxe), recollendo a medalla de prata da XVII Cata dos Meles de Galicia.

Ata cinco distincións recaían na provincia de Ourense na XVII Cata dos Meles de Galicia, cuxos galardóns se entregaban o 18 de decembro en Santiago. Unha delas recaía no mel valdeorrés Veiga Florida da ruesa Maribel García Porto, que lograba a medalla de prata en meles monoflorais. Nesta mesma categoría o mel Enxebre de González Carballa SL facíase co bronce.

No apartado de multiflorais, o mel O Garabulleiro de Carlos González (Ourense) acadaba tamén o bronce, mentres que en cuarta posición quedaba Abella do Blas, de Blas González (Vilar de Barrio), e na sexta Enxebre de González Carballal (Ourense).

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close