CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Un membro de Son do Sil ameniza o confinamento en Viana do Bolo

José Seara sae cada segundo día ao balcón para interpretar unha canción antes dos aplausos das oito

José seara cantando dende o balcón.

 

Chova ou faga sol, cada dous días dende que foi decretado o estado de alarma, José Seara sae ao balcón da súa casa en Viana do Bolo, uns minutos antes dos aplausos das oito da tarde para interpretar unha canción. É a forma en que este membro de Son do Sil ameniza o confinamento.

O grupo no que canta ten un amplo repertorio musical, por iso en cada actuación, Pepe interpreta un tema distinto (no vídeo canta A mi manera) conseguindo que os veciños esperen atentos a súa interpretación.

Hoxe toca, así que os veciños do barrio, en pleno centro de Viana, poderán deleitarse coa súa voz de tenor.

Vídeo cedido

Artigos relacionados

Back to top button