DeportesÚltima hora

Un membro do Peña Trevinca Barco, na final do mundial de orientación

O ourensán Xan Trigo, clasificábase na categoría A de homes +45 da modalidade Sprint Urbano en Suecia
Xan Trigo e Pablo Aller, no campionato do mundo de veteranos de orientación a pé celebrado en Suecia.
Xan Trigo e Pablo Aller, no campionato do mundo de veteranos de orientación a pé celebrado en Suecia.

A clasificación de Xan Mariano Trigo Recarey do Club Peña Trevinca Barco para a final A de Homes +45 da modalidade Sprint Urbano, foi segundo explican dende a delegación da Federación Galega de Orientación en Ourense, o resultado máis destacado dos ourensáns no campionato do mundo de veteranos de orientación a pé, desputado en Gothenburg (Suecia) a finais de xullo.

Con varios títulos autonómicos de veteranos no seu currículo, Trigo corre actualmente na categoría elite da liga galega, logrando en Suecia o seu obxectivo de entrar na final. Xunto a el, ao mundial acudía asemade outro membro do club barquense, Pablo Aller Estévez que se estreaba nun evento destas características, despois de levar anos competindo en probas de carácter autonómico e estatal.

Artigos relacionados

Back to top button