Un menor ferido nun choque na rotonda do polígono da Raña (O Barco)

Rotonda do Polígono da Raña (O Barco), onde tiña lugar o accidente./ Foto: Mónica G. Bellver.

No mediodía do 4 de xullo producíase un accidente de tráfico na rotonda do Polígono da Raña no Barco. Segundo informa o 112 Galicia, dous vehículos “colidían e un neno resultou ferido. O accidente tivo lugar pasados dez minutos das 12:00 horas de hoxe, foi a esa hora, cando un particular informou ao 112 Galicia dun accidente con posibles feridos”.

Nada máis recibir a chamada, segundo o 112 Galicia, “dende o CIAE pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos axentes de Tráfico e da Policía Local. Os Bombeiros e os membros do GES e de Protección Civil de Valdeorras tamén foron informados”.

Segundo indicaron os membros do GES Valdeorras ao 112 Galicia, o menor foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies