OurenseÚltima hora

Un misioneiro do bispado ourensán afincado en Ecuador pide solidariedade para as vítimas

Cruz Roja de Ourense súmase á petición de axuda e activa liñas de teléfono e contas bancarias
Imaxe dunha busca de vítimas, en Ecuador, tras o terremoto do pasado sábado.
Imaxe dunha busca de víctimas entre os escombros, en Ecuador, tras o terremoto do pasado sábado.

“Tremor, a eso das sete, xa de noite. Bah! Pronto pasará, porque vivimos onde a terra treme con frecuencia. Pero non. Esta vez dura máis e cada vez é máis forte. Cae a biblioteca cos libros, ruido por todas partes”, así conta o misioneiro Manuel Rodicio, da Diocese de Ourense, destinado en Ecuador, como viviu o forte sismo que sacudiu o país latinoamericano o pasado sábado. Nun comunicado describe a situación de caos que se vive en localidades como Jipijapa, onde está el, e pide “solidaridade” para as vítimas. “Non temos idea aínda do que nos cómpre, hai que ir vendo o que serve e o que non, pero valen moi pouqiñas cousas”, di, e continúa: “volvemos empezar case de cero, ogallá sexa tamén o momento da solidaridade”.

Rodicio detalla que foi unha noite de caos, alimentado pola caída de servizos coma a luz e que entorpecía, entre outras labores, o reconto dos derrubes. “En Manta, onde vivo, non hai grupo de casas onde unha, polo menos, non fose ó chan. Noutra hai nenos dentro e non hai como entrar”, narra, e engade: “as estradas están aserradas como se unha cortadora as tronchase e en Pedernales e Cojimíes é peor: mortos e destrución”.

Cruz Roja solicita axuda urxente para as vítimas do tremor de Ecuador.
Cruz Roja solicita axuda urxente para as vítimas do tremor de Ecuador.

Non é o único grito de S.O.S. que se emite con voz ourensana para as vítimas de Ecuador. Neste contexto, a delegación de Cruz Roja de Ourense súmase á petición de axuda e publica unha liña de teléfono e contas bancarias para recoller axudas de todos aqueles que queiran colaborar con doazóns económicas. Dende a organización explican que as necesidades máis urxentes da poboación afectada polo tremor son de acceso a artigos de primeira necesidade como auga potable, saneamento, aloxamento e alimentos. Non obstante, prevén que estas necesidades vaian aumentando conforme pasan os días.

Por iso, para os interesados en colaborar con Cruz Roja Española, a delegación ourensá dá a coñecer as seguintes canles: teléfono (900 224 490); web oficial; servizo de mensaxería móbil co texto “AYUDA” ao 28092 e tamén hai varias contas nas principais entidades financeiras (BBVA, Banco Sabadell, Bankia, Bankinter, La Caixa, Banco Popular, Banco Santander e Banco Cooperativo Esp.)

 

Artigos relacionados

Back to top button