CulturaCulturaÚltima hora

Un mosaico con pegada valdeorresa para celebrar o Día Mundial da Síndrome de Down en Pontevedra

Azul, amarelo,branco, marrón… son algunhas das cores dos centos de anacos de azulexos que ao longo de case un mes ían colocando numerosas persoas. Froito da súa colaboración ía medrando ata completarse un simbólico e fermoso mosaico que se inauguraba na tarde do 21 de marzo en Pontevedra no marco da celebración do Día Mundial da Síndrome de Down coa presenza de diferentes autoridades, entre elas, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Esta iniciativa artística e social partía do creador valdeorrés Gerardo Ramos “Chere”. Ao longo de case un mes traballaba nela coa axuda de numerosas persoas, entidades, asociacións e mesmo cunha importante aportación valdeorresa de familiares e amigos. Contaba co apoio da Asociación Down Pontevedra “Xuntos” e do Concello.

Nesta galería de imaxes poden verse diferentes momentos da elaboración do mosaico ata a o seu remate, e tamén do seu acto inaugural.

Fotos cedidas por Chere.

Artigos relacionados

Back to top button