En portadaÚltima hora

Un motorista falece nun accidente na Rúa

O sinistro tiña lugar na N-120 á altura da Adega Quinta da Peza e resultou ferida unha segunda persoa

A traxedia volve sacudir as estradas de Valdeorras. Na tarde do 8 de agosto falecía un xove tras accidentarse a moto na que viaxaba á altura da Adega Quinta da Peza, na N-120 ao seu paso pola Rúa.

Segundo informan dende Axega, na moto viaxaban dúas persoas, o falecido e outro ocupante (unha muller) que, debido ao forte impacto saiu despedida. A ferida foi rescatada e o persoal sanitario encargouse da súa evacuación en helicóptero. Foi un particular quen, sobre as 15:30 horas alertou ao CAE 112 Galicia.

De inmediato, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención do persoal sanitario, dos efectivos do parque comarcal de bombeiros e do GES de Valdeorras, así como dos axentes de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button