ConcellosÚltima hora

Un motorista resulta ferido nun accidente na OU-533, na Gudiña

 

Rozando as 19h. de onte sábado producíase un accidente de tráfico no termo municipal da Gudiña. O 112 Galicia recibía un aviso de que un motorista caera mentres transitaba pola estrada OU-533, á altura do punto quilométrico 2.

De inmediato, o 112 Galicia alertaba aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

“Para prestar apoio ao equipo médico, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, pediuse a colaboración dos membros do GES da Gudiña, así como dos equipos de mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas e dos axentes da Garda Civil de Tráfico”, segundo informa o 112 Galicia. O motorista era evacuado polos servizos sanitarios ao Hospital de Ourense.

 

Fotos: FB Voluntariado Protección Civil de Ourense

Artigos relacionados

Back to top button