ConcellosÚltima hora

Un motorista resulta ferido nun accidente na Rúa

 

Na noite de onte venres, 29 de maio, tiña lugar un accidente de tráfico na Rúa. O suceso producíase rozando a medianoite na rúa Frieiría da citada vila, cando un motorista perdía o control do seu vehículo e chocaba contra un poste.

Como consecuencia do choque, o motorista, veciño de Fontei, resultaba ferido. Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato Protección Civil da Rúa, o 061 e a Garda Civil, entre outros efectivos de emerxencias. O condutor da moto era trasladado a un centro hospitalario para recibir atención sanitaria.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button