A RúaConcellosÚltima hora

Un motorista resulta ferido nun accidente no centro da Rúa

 

Na tarde deste martes 22 de febreiro producíase un accidente de tráfico no centro da Rúa no que resultaban implicados unha moto e un todorreo.

O sinistro, no que resultaba ferido o motorista, producíase en torno ás 17 horas na rotonda do Campogrande cando ao parecer, a moto impactaba contra a parte trasera do coche.

Ata o lugar do accidente acudían a Policía Local da Rúa, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil da Rúa, o GES Valdeorras e persoal sanitario do 061 que atendían ao ferido que era trasladado a un centro hospitalario.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button