DeportesÚltima hora

Un mozo de Vilamartín de Valdeorras pesca unha carpa de máis de 5 kg

Alejandro Fernández coa carpa de máis de 5 kg.

Non hai dúbida do tamaño que poden chegar a acadar as carpas nas augas do río Sil. E mostra diso é o exemplar que un mozo de Vilamartín de Valdeorras capturaba este venres 20 de xullo.

Máis de 5 kg pesaba a carpa que Alejandro Rodríguez pescaba no río ao seu paso pola área recreativa do Bañadoiro, en Vilamartín, fronte ás piscinas, un lugar no que este xove afeccionado adoita ir pescar. Vai practicamente todos os días dende que era un cativo e desta volta conseguía todo un premio ás horas de espera.

Artigos relacionados

Back to top button