CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Un mural do artista valdeorrés Chere, na Semana da Igualdade dun instituto de Cambados

 

Coa colaboración de alumnado de diferentes cursos ao longo da xornada do 2 de decembro ía cobrando forma na fachada do IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra) un colorista mural dirixido polo artista barquense Gerardo Rodríguez “Chere”, que ademais é profesor neste centro.

Este traballo creativo, que pretende ser un canto á igualdade, desenvolvíase na apertura da “I Semana da Igualdade e contra a Violencia de Xénero” deste centro educativo.

O programa de actos da semana desenvolvíase ata este xoves 5 de decembro incluíndo contacontos, conferencias e obradoiros.

Fotos cedidas por Chere.

Artigos relacionados

Back to top button