ConcellosÚltima hora

Un “Museo Científico” para os máis pequenos chega á biblioteca de Trives

A actividade terá lugar este venres, 23 de agosto, ás 11:30 horas

A mostra “Museo Científico. Ciencia en Movemento” chega á Biblioteca Municipal do Concello da Pobra de Trives este venres, 23 de agosto. Este taller ten máis de 20 obxectos que se presentan baixo o lema “PROHIBIDO NON TOCAR”. A actividade achega numerosos elementos e inventos do ámbito tecnolóxico e científico aos participantes, os cales serán explicados de maneira sinxela, clara e amena por profesionais do sector.

 

Cartel da actividade.

 

Así, está dentro do programa “Ler conta moito” da Xunta, cuxo obxectivo é a dinamización da lectura dunha maneira lúdica. Esta actividade terá unha duración de 90 minutos e está orientada a nenos e nenas dende os sete anos en adiante.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button