ConcellosÚltima hora

Un “novo concepto de circo” chega ao Barco con Stellar Circus

O seu espectáculo poderá verse do 10 ao 12 de maio na carpa que se instalará fronte á estación de autobuses da vila
Un dos espectáculos inclúidos no programa de Stellar Circus./ Foto: tellar Circus.

A súa proposta convida ao público a unha “viaxe fascinante e acrobática ao espacio”. É un novo concepto de circo que chegará en breve ao Barco da man de Stellar Circus. O seu espectáculo poderá verse do 10 ao 12 de maio na carpa que se instalará fronte á estación de autobuses da vila.

O espectáculo está recomendado para adultos e para nenos a partir de 1 ano. Inclúe números de circo tradicionais dentro dun “concepto de circo cun vestiario e unha posta en escena espectaculares para contar unha historia sinxela sobre unha viaxe á lúa”, explican os seus produtores.

A produción apóaise sobre “unha escenografía que se transforma durante o espectáculo para xerar diferentes paisaxes e mundos paralelos”.

Os horarios do espectáculo serán: ás 18:30h. o venres, ás 17h. e ás 19:30h. o sábado e ás 18h. o domingo.

Máis información:
https://www.circostellar.com

Imaxe: Stellar Circus.

Artigos relacionados

Back to top button