A RúaConcellosÚltima hora

Un novo curso marcado polas medidas sanitarias arrinca no IES Cosme Lopez da Rúa

Publicidade

 

Un novo curso escolar, marcado un ano máis polas medidas sanitarias, arrinca hoxe no IES Cosme López Rodríguez da Rúa, aínda que tal como explica a propia directora, Rosario Alonso, hoxe será unha primeira toma de contacto para familiarizarse co protocolo que deberán seguir e os programas didácticos do curso. “Salvo os de primeiro da ESO que comezan hoxe, os demais xa o coñecen pero igualmente convén facer un recordatorio”, di Rosario.

De feito era ela mesma quen ás 8:30 horas deste mércores 15 de setembro, ía indicando aos alumnos a porta pola que tiñan que acceder ao centro por cursos e en rigurosa fila. Os de 1º da ESO (A e B) que esperaban no patio traseiro eran os primeiros en acceder, despois os de 2º da ESO. Pola porta principal entraba despois os 3º e FP Básica  (1º e 2º) e paralelamente pola porta da esquerda da zona nova, accedían os de 4º da ESO. No vestíbulo esperaban os profesores.

Despois, durante a mañá teñen catro sesións de reforzo das normas de organización e a posta en marcha de novos programas así como das aulas virtuais, cada curso co seu titor. Mañá comzarán xa as clases como tal.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button