DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Un novo empate para O Barco no derbi contra Ourense CF en Calabagueiros

Santi marcaba para os locais na primeira parte e Martín empataba na segunda

Despois de cinco empates consecutivos e a última derrota no campo da UD Somozas, o CD Barco chegaba ao segundo derbi da tempada co Ourense CF coa necesidade e o ánimo para vencer. De feito puxo todo da súa man e Jon parou ata un penalti, pero finalmente no pudo ser e resultado final era un novo empate.

O partido correspondente á xornada 24 en terceira división comezaba en Calabagueiros de cara para os locais, que controlaban o balón logrando varias ocasións de gol ata que chegou o de Santi no minuto 24. Os ataques dos locais continuaban e tamén a defensa, provocando un penalti que Jon paraba sen problemas, poñendo en pé á bancada.

Co 1-0 no marcador chegaba o descanso, pero nada máis comezar o segundo tempo, Martín marcaba o gol do empate e con el esfumábanse os tres puntos en xogo. Ao final, un para cada un e o Barco sitúase no 5º posto da clasificación mentres que o Ourense mantense na metade, cinco por debaixo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button