ConcellosÚltima hora

Un novo falecido en Viana ao caer co seu coche ao encoro do Bao

É o segundo accidente deste tipo que ocurre nesta vila do oriente ourensán nun mes e na mesma zona
Imaxe do operativo de rescate montado en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe do operativo de rescate montado en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

¿Que sucede no entorno do monte Medo? ¿Por que se está convertindo nunha zona tan perigosa para o tráfico? Son algunhas das preguntas que se fan os vianeses. Son xa dous accidentes de coche en cuestión dun mes, na mesma zona, con caída do vehículo ao encoro do Bao e co mesmo resultado: o falecemento do conductor.

O primeiro deles acontecía na mañá do 15 de outubro, cando un turismo conducido por unha veciña de Viana duns 70 anos se saía da vía pola marxe dereita da estrada OU-533 (A Gudiña-A Rúa) e caía ao encoro do Bao. En torno ás sete da tarde o vehículo era rescatado das augas co corpo da muller falecida no seu interior.

Vista do encoro do Bao, moi preto de onde se producíu o accidente./ Foto: Carlos G. Hervella.
Vista do encoro do Bao, moi preto de onde se producíu o accidente./ Foto: Carlos G. Hervella.

A piques de cumprirse un mes deste suceso, na tarde do 14 de novembro a historia repetíase. Desta volta era un veciño septuaxenario de Pixeiros (Viana do Bolo), quen ao pasar por un punto moi próximo ao do anterior sinistro, caía tamén ao encoro co seu vehículo. O falecido, T.A.S., acostumaba vir cada día do pobo para darlle a comida a súa muller, ingresada na residencia da terceira idade de Viana, que precisamente na xornada do venres celebraba o magosto. Foi o persoal da residencia quen o alertou ás forzas de seguridade ao ver que non chegaba.

O GEAS achegándose ao lugar onde caíu o vehículo./ Foto: Carlos G. Hervella.
O GEAS achegándose ao lugar onde caíu o vehículo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Co fin de localizar e sacar o vehículo das augas do encoro montábase un dispositivo de emerxencia e desprazábase ata Viana na tarde dese mesmo día o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil. Sen embargo, o rescate do coche non puido lograrse ata as 12:30h. do mediodía do 15 de novembro. No operativo participaban, ademais do GEAS, a Garda Civil de Viana, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Viana do Bolo e Protección Civil, así como o GES da Gudiña, que foi quen realizou a excarcelación do conductor.

O GEAS iniciando as labores de rescate na mañá do 15 de novembro./ Foto: Carlos G. Hervella.
O GEAS iniciando as labores de rescate na mañá do 15 de novembro./ Foto: Carlos G. Hervella.

Viana está consternada por este novo suceso. Tamén neste caso o falecido era unha persoa moi coñecida en Viana e o seu irmán foi edil durante varios anos neste concello. Os veciños din que é como se unha man negra se cernese sobre o municipio con dous tráxicos accidente en apenas un mes. Tamén piden que se coloquen biondas de seguridade nesta zona para evitar novos sinistros, xa que os lugares nos que se produciron os dous accidentes carecen deste tipo de protección.

No operativo de rescate contouse cunha grúa./ Foto: Carlos G. Hervella.
No operativo de rescate contouse cunha grúa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Vista do pobo de Pixeiros (Viana), onde residía o falecido./ Foto: Carlos G. Hervella.
Vista do pobo de Pixeiros (Viana), onde residía o falecido./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button