ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un novo incendio forestal afecta ao Parque Natural do Invernadeiro

Comezaba nesta tarde de 14 de setembro ás 16:42 h. e, segundo as primeiras estimacións feitas públicas, afecta unha superficie dunhas 3 hectáreas

Novamente neste verán á parroquia de San Mamede de Edrada (Vilariño de Conso) está sendo afectada polo lume. A Consellería do Medio Rural vén de informar dun incendio forestal activo arestora na citada zona e que afecta ao Parque Natural do Invernadeiro.

O incendio comezaba nesta tarde de 14 de setembro ás 16:42 h. e, segundo as primeiras estimacións feitas públicas, afecta unha superficie dunhas 3 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 2 axentes, 10 brigadas, 3 motobombas, 7 helicópteros e 6 avións.

Artigos relacionados

Back to top button
Close