En portadaÚltima hora

Un novo ingreso por Covid no Hospital de Valdeorras que suma un total de 5

A provincia chega aos 2.866 pacientes con infección activa e rexistra un total de 172 ingresos, segundo Sanidade

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

Nova xornada de ascenso nos casos de coronavirus na provincia de Ourense. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco conta con 2.866 pacientes con infección activa, 105 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 25 de xaneiro. Tamén suben os novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 118 (fronte aos 116 de onte).

En canto aos ingresos, tamén se aprecia un incremento, con 164 persoas hospitalizados en planta (8 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (as mesmas cifras que onte). O Hospital Público de Valdeorras continúa con 5 ingresos en planta, 1 máis que onte, o Hospital de Verín continúa con 16 ingresos en planta e o Hospital Universitario de Ourense ten 141 en planta (7 máis que onte) e 12 na Unidade de Coidados Intensivos (a mesma cifra que onte). A Clínica Santa Teresa segue con 1 ingresos en planta e o Centro Médico El Carmen continúa con 1 en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 12.298, con 9.099 curados e 333 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 168.760 probas PCR e 77.304 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button