ConcellosO BarcoÚltima hora

Un novo mosaico colectivo para o río Sil no Barco, co selo de Chere

A súa elaboración, aberta a persoas de todas as idades, terá lugar a fin de semana do 12 e 13 de setembro

Participantes na elaboración do mosaico o pasado ano na beira do río Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un ano máis, e xa van tres, as beiras do río Sil convertéranse en obxecto de intervención artística. Nos muros da praia fluvial do Malecón do Barco crearase na vindeira fin de semana do 12 e 13 de setembro un novo mural, novamente coordinado polo artista local Gerardo Ramos “Chere”, e aberto a quen queira participar.

A elaboración desta obra colectiva terá lugar a partir das 10h. na praia fluvial, na zona d Río Cigüeño. Esta iniciativa artística forma parte do programa cultural “O Cristo 2020” do Concello do Barco.

 

O artista barquense Chere, co material empregado no mosaico do pasado ano no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button