A RúaConcellosÚltima hora

Un novo positivo sobe a 11 os casos activos de coronavirus na Rúa

Via central da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Moi pouco a pouco pero en continuo ascenso. Os casos activos de Covid seguen subindo no concello da Rúa que suma un novo postivo chegando a un total de 11, na xornada deste mércores 27 de xaneiro, segundo os últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade ao Concello. E “algún máis saltará no entorno dos que xa están contaxiados”, puntualiza o alcalde, Álvaro Fernández.

Os 11 casos de Covid-19 activos foron diagnosticados na Rúa nos últimos 14 días e a incidencia acumulada para o concello aumenta ata >250, segundo o Sergas.

Para intentar frear a curva de contaxios, as novas restricións marcadas pola Xunta entraron en vigor esta noite. A nivel seral implican: peche das actividades non esenciais; agrupacións de persoas convivintes; restrinxida a mobilidade nocturna de 22a 6 horas; limitacións especiais de mobilidade; peche establecementos comerciais ás 18 horas; peche de centros e parques comerciais ás 18 horas e os sábados e domingos.

 

Artigos relacionados

Back to top button