ConcellosEntroido 2022Última horaViana do Bolo

Un orixinal e vistoso cartel para o Entroido 2022 de Viana do Bolo

 

Aínda queda un par de semanas para as datas centrais pero Viana do Bolo xa recende a Entroido. E precisamente para ir abrindo boca, no mediodía deste sábado 12 de febreiro presentábase no salón de plenos do Concello vianés o cartel do Entroido 2022.

Trátase dunha vistosa e orixinal creatividade, obra da artista local Edna García Estévez (autora tamén do cartel do ano 2016), que rende homenaxe, non só ao Entroido vianés cun Boteiro en primeira plana, senón aos símbolos patrimoniais e culturais da vila.

Na presentación, que contou co apoio do folión feminino tocando dende a rúa, estaban a creadora; o concelleiro Abelardo Carballo; Jorge Domínguez; e Pedro Basalo.

 

A artista co cartel do Entroido 2022 de Viana do Bolo.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button