OurenseÚltima hora

Un ourensán gaña o premio nacional “AJA 2015” en Madrid Joya

O galardón é concedido pola Asociación Española de Deseñadores e Creativos de Xoiería “Xoias de Autor”
O premiado, Carlos Pereira Calviño.
O premiado, Carlos Pereira Calviño.

O deseñador de xoias Carlos Pereira Calviño (Ourense, 1971), director da Escola Técnica de Xoiería do Atlántico de Vigo, vén de recibir o premio nacional “AJA 2015” en Madrid Joya.

A feira Madrid Joya, Bisutex, Intergift celebrábase do 9 ao 13 de setembro no recinto feiral de IFEMA, como un evento de carácter internacional onde se presentan as novidades do sector da xoiería e tamén doutros campos como bixutería, complementos, moble auxiliar… con presenza de deseñadores de xoias e máis de mil empresas (das cales cen eran estranxeiras) consolidadas en xoiería en ouro, prata, maquinaria, orfebrería, pedras preciosas, perlas, reloxería “o que demostra unha vez máis a importancia deste sector a nivel nacional e internacional”, explican dende a Escola do Atlántico.

Un dos momentos máis relevantes da feira, é precisamente a entrega do galardón que concede a Asociación Española de Deseñadores e Creativos de Xoiería “Xoias de Autor”, un premio que este ano se concedeu “a unha traxectoria indiscutible no campo do deseño de xoias, na promoción da xoia de autor e na defensa da formación no campo da xoiería”, din dende o departamento de comunicación da escola que dirixe o premiado, Carlos Pereira.

Entrega dos Premios AJA 2015. Carlos é o primeiro pola esquerda.
Entrega dos Premios AJA 2015. Carlos é o primeiro pola esquerda.

O galardón foi entregado o 12 de setembro pola presidenta da Asociación “Xoyas de Autor”, Liane Katsuki. Durnate a gala á que tamén asistiron a presidenta de honra da asociación, Laura Márquez e representantes da dirección de Madrid, resaltouse a carreira profesional de Pereira Calviño, así como os 10 anos que leva ao frente da escola de xoiería de Vigo e os máis de 100 premios recibidos polos seus alumnos.

Artigos relacionados

Back to top button