DeportesNataciónÚltima hora

Un ouro e tres pratas para o CN Escualos no galego de augas abertas celebrado en Castrelo de Miño

 

Un ouro, tres pratas e a quinta praza por equipos dun total de 20 clubs galegos. Son os resultados colleitados polo Club Natación Escualos Campus da Auga no campionato galego de augas abertas celebrado en Castrelo de Miño.

Unha competición coa que o club ourensán remata a tempada no exterior e arranca un novo curso en piscina “aspirando a todo” e co obxectivo de estar, como o ano pasado, no máis alto da clasificación aínda que tal como eles mesmos aseguran “será moi complicado xa que a tempada pasada foi a mellor da nosa historia, sendo subcampións de liga galega, subcampións galegos e co equipo masculino como campión galego”.

 

Presentación do CN Escualos Campus da Auga.

 

Para logralo, seguen contando con Hugo Nogueira Pinto como adestrador e “un dos valuartes do equipo”, así como co apoio de Be One Las Lagunas como centro acuático de referencia e do Campus da Auga e dos principais patrocinadores polo que a ilusión e as ganas de seguir crecendo “son máximas”.

No que respecta ao equipo de augas abertas seguen apostando por Jesús Carlos Quintas Barros, experto nadador de travesías e adestrador, “para seguir crecendo nesta modalidade que é unha das nosas señas de identidade”. Na tempada que termina acadaron a 4ª praza no XVII Circuíto Galego de Augas Abertas entre un total de 14 equipos participantes.

Fotos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button