DeportesÚltima hora

Un ouro e unha prata para o Sincro Ourense na liga galega de base

A nadadora ourensá, Noa Bobillo, lograba a nota máis alta das 259 participantes
As medallistas de base 2 coa adestradora.

Vinteseis nadadoras do Sincro Ourense (nove en base 1, dez en base 2 e sete en base 3) participaban na segunda xornada da liga galega de figuras de base de natación sincronizada, celebrada en Lugo na fin de semana, cuxos resultados se sumaban aos da primeira xornada para obter a clasificación global, na que as ourensás lograban dúas medallas: unha de ouro e outra de prata en base 2.

Nesta categoría, Noa Bobillo lograba a primeira posición e Alejandra Baliñas a segunda dun total de 95 nadadoras. María Pousa foi 8ª, Elia Rodríguez 10ª, Noa Touriño 11ª , Paula Moure 12ª, Dulce Romero 22ª, Carmen Reboredo 29ª, Estela Domínguez 40ª e Sabela Rodríguez 52ª. Ademais a nota de Noa Bobillo ( 54,66) “foi a máis alta das 259 nadadoras participantes nas tres categorías”, puntualizan dende o club ourensán.

En base 1, cun total de 100 nadadoras, Candela Flores foi 7ª, Sabela Calvo 8ª, Laura Iglesias 16ª, Andrea Rodríguez 18ª, Martina Bericat 22ª, Andrea Cortón 23ª, Uxía Sánchez 26ª, Alicia Cid 37ª e Martina Álvarez 55ª.

En xa en base 3, con 67 participantes, Sara Rodríguez foi 8ª, Paula González 10ª, Sarah Sánchez 11ª, Tania Barreda 12ª, Marta Rigüela 42ª, Irene Orozco 46ª e Paloma Piñeiro 54ª.

Tal como adiantan dende a directiva do club, trala liga de figuras as nadadoras ourensás están xa preparando as rutinas de combo e equipo para o campionato galego de rutinas de base que se celebrará o 3 de xuño en Vigo, onde esperan revalidar o título de mellor club galego de base conseguido na pasada tempada.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button