En portadaÚltima hora

Un paciente de Madrid, primeiro positivo de coronavirus en Galicia

Trátase dun hombre de 49 anos que se presentou con sintomatoloxía respiratoria no servizo de urxencias do CHUAC, na Coruña

O conselleiro de Sanidade, durante a rolda de prensa sobre o primeiro caso de coronavirus en Galicia.

 

Nunha rolda de prensa celebrada a primeira hora desta tarde a Consellería de Sanidade vén de confirmar que as análises realizadas no Servizo de Urxencias do CHUAC, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, a un paciente procedente de Madrid confirman “a infección por coronavirus dunha persoa que se encontra illada no hospital, en cumprimiento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Este é o primeiro caso positivo confirmado en Galicia”.

Nesta comparecencia participaba o Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polo subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada Vidal; e pola xefa de servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública da área sanitaria da Coruña, María José Pereira Rodríguez.

Trátase dun hombre de 49 anos, procedente de Madrid, que se “presentou con sintomatoloxía respiratoria no servizo de urxencias do CHUAC e ao que se lle solicita a proba de diagnóstico de COVID-19 ante a presenza dunha neumonía bilateral nun contexto clínico de infección vírica”, segundo Sanidade.

Ademais dende a consellería tamén indican que a Dirección General de Salud Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudo de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.

Sanidade resalta que hai “un procedemento específico para as persoas que sospeiten terse contaxiado co coronavirus. É importante que se contacte por vía telefónica con servizos sanitarios para que un equipo, formado por persoal de enfermería  personal auxiliar, poida recoller mostras para analizar no seu domicilio, evitando en caso de infección a propagación do virus”.

Desde o Sergas recórdase que existe un teléfono a disposición, o 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, “poden resolverse todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto. En cualquera caso, para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tiveran contacto con alguén que estivese nalgún deses lugares, tamén está dispoñible o teléfono 061 para consultas”.

Artigos relacionados

Back to top button