ConcellosÚltima hora

Un parasol no alto dun tellado no Barco mobiliza ao GES Valdeorras e aos bombeiros

 

A última hora da tarde do 14 de xullo a Policía Local do Barco recibía o aviso dun parasol que estaba situado no tellado dun edificio de dúas plantas da rúa Eulogio Fernández, co perigo de que éste acabase caendo á rúa. Inmediatamente se mobilizaba ao GES Valdeorras que acudía ao lugar, situado en pleno centro da vila, para recuperar esta “sombrilla” e evitar que se producira ningún accidente.

Sen embargo, as dificultades para poder acceder ata ela facían que se tomase a decisión de mobilizar tamén aos Bombeiros de Valdeorras, que acudían coa autoescaleira e procedían á súa retirada. Crese que a sombrilla podería ter caído dende un edificio próximo de cinco plantas.

 

Artigos relacionados

Back to top button