ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un parque de educación viaria no Malecón do Barco

Máis de medio cento de nenos disfrutaron e aprenderon no circuíto instalado pola Policía Local

Un ano máis, o parque de educación viaria dirixido pola Policía Local do Barco de Valdeorras, pechaba a Semana Europea da Mobilidade organizasa polo departamento de Medio Ambiente do Barco.

Na tarde do 22 de setembro, máis de medio cento de rapaces de entre 8 e 12 anos, participaban na divertida e educativa actividade, na que ademais de disfrutar percorrendo o circuíto en bicicleta e en karts, aprenderon algunhas das normas viarias básicas. Sinalizar coa man os cambios de dirección, frear cando o semáforo se pon en vermello, ceder o paso cando así o indica o sinal,… son só algunhas das indicacións que os policías municipais explicaron aos cativos, que asistían coas súa propia bicicleta, equipados co casco e protectores.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button