A RúaConcellosPetínÚltima hora

Un paseo por Petín pon o broche á tempada de saídas da Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa

 

Ás 10 da mañá deste domingo 31 de xullo, 26 persoas (xente da comarca, de Barcelona, de Sarria e de Pontecaldelas) iniciaban na Ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, a última saída da tempada organizada pola Oficina de Turismo Valdeorras-A Rúa. Un paseo pola historia de Petín, na outra beira do río, na que Luis Carrón e Soledad Figueroa contaron aos asistentes algunhas das novidades sobre a Vía Nova. Concretamente sobre o recentemente atopado miliario sobre o que o arqueólogo Santiago Ferrer,fixo algún apuntamento. Tamén pasearon pola estrada de Barxela para coñecer historias do pasado da vila.

 

 

Coma sempre, a historia foi a protagonista deste paseo pero o viño e a gastronomía tamén estiveron presentes, con degustación do vermú da Adega Sampayolo nunha parada pola subida a San Paio, para rematar na Chaira do Ramiriño coa cata de viños e empanadas da Panadería Querol.

Dende a organización da ruta agradecen a todos a súa participación nestas actividades e tamén a colaboración por parte dos Concellos de Petín e A Rúa, así como de Protección Civil de Petín.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button