ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Un paso máis na rehabilitación do muíño fariñeiro das Ermitas (O Bolo)

Na mañá do 7 de agosto chegaban as pedras de moer feitas a medida por un canteiro

Rehabilitar e poñer en funcionamento os tres muíños que existen no pobo das Ermitas é un dos proxectos que o alcalde de O Bolo Manuel Corzo, leva anos tentando poñer en práctica e que pouco a pouco vai collendo forma.

Tal como o propio Corzo explicaba hai xa uns anos, unha vez que Iberdrola lle cedeu os dous muíños de fariña (o de aceite era do santuario que xa llo cedera ao Concello), os técnicos elaboraron a memoria para a súa rehabilitación e acondicionamento interior co obxectivo de “poñelos en funcionamento para fines didácticos, dotándoos do equipamento tradicional dos muíños de auga”. Dous deles sitúanse na mesma marxe do río Bibei a uns 200 metros de distancia entre eles e o outro a outros 200 metros destes formando unha especie de triángulo. A memoria valorada feita polos técnicos do Concello plantexaba a rehabilitación e posta en marcha dun muíño coa funcionalidade de pequena central hidroeléctrica, outro fariñeiro e outro de aceite.

 

O alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, xunto ás pedras para colocar no muíño.

 

Segundo o informe, no primeiro “actuarase para que chegue a producir enerxía eléctrica a pequena escala, que ten o seu fundamento nos antigos muíños e ferrerías, polo que o obxectivo será a exposición aos posibles visitantes dunha maneira gráfica, do procedemento usado para a produción de electricidade coa que se autoabastecerá”. Para iso serán necesarias obras nos muros de cantería, execución de forxado e carpintería exterior en madeira, realización do rodicio con anclaxes de forxa, tirante de forxa e dinamo para xerar a corrente continua. O segundo muíño rehabilitarase como fariñeiro utilizado tradicionalmente para transformar o gran en fariña aproveitando a forza do caudal. Para poñelo en marcha serán necesarios varios traballos. Á parte do acondicionamento da edificación, igual que no primeiro muíño, deberán instalarse pedras de moer (“moas”) en granito do país, tolva completa en madeira de castiñeiro e rodicio de madeira de fresno con cargamoas de ferro. No terceiro muíño triturábase aceituna para transformala en aceite e, segundo o informe, rehabilitarase para dar a coñecer o proceso completo. Para iso reformaranse os muros de cantería, a carpintería exterior e a cuberta; farase o rodicio de madeira, o tirante de ferro e a restauración das diferentes partes que compoñen a almazara (tolva, onde se deposita a aceituna; rulos, onde se moe; batidora; prensa; e pilóns, depósitos onde vai o aceite).

As obras deste último están xa practicamente rematadas e as do fariñeiro van por bo camiño. Levan uns seis meses traballando nel e na mañá do 7 de agosto, chegaban as pedras de moer, feitas a medida por un canteiro. “Nesta semana podería estar rematado, pero a posta en funcionamento vai para longo”, di Manuel Corzo, asegurando que falta o acondicionamento do canal para que pase a auga, un proceso que require

Unha vez completado, o proxecto “servirá de atractivo turístico para o estudo das formas tradicionais de moenda, tanto de gran como de aceituna así como o funcionamento da central” tal como se reflicte na memoria, que tamén contempla a incorporación de paneis informativos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button