ConcellosÚltima hora

Un paso máis para a construción da circunvalación do Barco

Os propietarios afectados serán convocados para asistir ao levantamento de actas previas de ocupación no Edificio Multiusos do Concello do Barco entre os días 11 e 18 de xullo

O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar o 16 de xuño o anuncio de convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da “Conexión entre as estradas N-120 e N-536, tramo Sobradelo-O Barco de Valdeorras”. Este é o último paso do proceso administrativo necesario para a licitación desta obra, cuxo proxecto xa está aprobado cun orzamento de case 64 millóns de euros, segundo se destaca dende o Concello do Barco.

Tamén na xornada do 16 de xuño dábase traslado dende a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia das citacións para os propietarios afectados pola construción da circunvalación, que serán convocados para
asistir ao levantamento de actas previas de ocupación no Edificio Multiusos do Concello do Barco entre os días 11 e 18 de xullo.

O proxecto desta conexión aprobouse en novembro e permitirá a eliminación do centro do Barco do tráfico rodado procedente e con destino a Carballeda de Valdeorras, e especialmente o tráfico pesado das canteiras de lousa.

Artigos relacionados

Back to top button