O Periódico O Sil deste mes de outubro xa pode atoparse nos quioscos e librarías
Está considerada unha das mellores reservas de teixos a nivel internacional. O Teixadal de Casaio (Carballeda de Valdeorras), nos montes de Trevinca, é un lugar único. Para descubrilo, na edición de outubro do Periódico O Sil, que xa está nos quioscos, propoñemos unha ampla reportaxe sobre este excepcional bosque de teixos valdeorrés.