CulturaCulturaÚltima hora

Un percorrido polos Maios galegos

Clodio González e José Rodríguez Cruz falaban desta festa tradicional nunha conferencia en Verín
José Rodríguez e Clodio González (á dereita), na conferencia impartida en Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.
José Rodríguez e Clodio González (á dereita), na conferencia impartida en Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

A tradición dos Maios permanece ao longo de diferentes vilas e cidades galegas. Pero foi mudando co tempo. Nas súas orixes estaba ligada ao ciclo agrario, segue mantendo o sentido de celebrar a aparición da vexetación e da floración, pero as formas de facelo foron cambiando. Así o explicaba o etnógrafo e historiador Clodio González Pérez na conferencia que impartía na tarde do 30 de abril na Biblioteca Municipal de Verín.

Algúns dos asistentes a esta conferencia celebrada na Biblioteca Municipal de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.
Algúns dos asistentes a esta conferencia celebrada na Biblioteca Municipal de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na súa intervención falaba dos Maios humanos, das Maias, dos Maios como composións vexetais e tamén das coplas. Facía, de seguido, un percorrido, apoiándose en fotos antigas e recentes, polas diferentes manifestacións que existen na provincia de Ourense, dende a cidade das Burgas, pasando por O Barco e Leiro ata Verín. Pero tamén por outros puntos de Galicia como Monforte de Lemos, Noia, Vigo, Marín, Vilagarcía, Carril, Redondela, etc.

Clodio González estivo acompañado nesta ponencia por José Rodríguez Cruz, etnógrafo da Gudiña.

Artigos relacionados

Back to top button