DeportesÚltima hora

Un pescador rues colle unha troita de máis de 3 quilos no Sil na Rúa

Héctor García pescaba este exemplar a culleriña o pasado 19 de marzo na zona da Reza
Héctor García coa troita capturada na Reza.

Saía a pescar nada máis iniciarse a tempada, o 17 de marzo, e volvía cunha troita de 2,5 quilos, collida no Sil ao seu paso pola zona da Reza (A Rúa). Dous días despois, o martes 19 de marzo, Héctor García volvía á mesma zona de río e capturaba outro exemplar de troita, pero desta volta de máis de 3 quilos. “Collina con culleriña”, explica este afeccionado á pesca rues.

Fotos: Raúl “Burbo”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button