CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotos

Un pleno infantil no Concello da Rúa

Alumnos de 4º de Primaria do colexio Pablo VI-Fátima celebran unha sesión extraordinaria no salón plenario

No marco da clase de sociais, os alumnos de 4º de Primaria do Pablo VI-Fátima da Rúa traballaron durante un mes o sistema de administración local. Así levaron a cabo todo o proceso de eleccións á alcaldía, dende a creación de tres grupos políticos (As Estrelas Galegas, Partido Valdeorrés de Nenos e Futuro nas Nosas Mans) e a presentación dos programas electoriais, ata as eleccións.

De aí sairía a corporación elixida que completaba o exercicio coa celebración dunha sesión extraordinaria no Salón de Plenos do Concello da Rúa. Alí, na mañá do 4 de maio, Fátima Peréz (AEG) como alcaldesa-presidenta; Hugo Arias (AEG), Laura Cristina de Sousa (AEG), Carla Pérez (PVN), Fabio Sánchez (PVN), David Blanco (PVN), David Sandín (FNM), Lola Casado (FNM) e José Arias (FNM) como concelleiros, debateron e votaron os diferentes puntos a orde do día, centrados en temas de interese infantil como a apertura dun quiosco de chuches no campo de fútbol, ou a creación de campamentos de verán.

Entre o público, a profesora Rocío Illesca; o titor, Javier Ferrer; o director do centro José Manuel Carrasco; e a alcaldesa da Rúa María González.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button