ConcellosÚltima hora

Un positivo de Covid no IES Xermán Ancochea de Trives

Nos centros educativos de Valdeorras baixan a 12 os positivos, tras quedar libre de virus o IES Cosme López da Rúa

Exterior do IES Xermán Ancochea de Trives.

 

Na listaxe de positivos de Covid-19 feita pública pola Xunta de Galicia neste martes 27 de outubro figura un caso de positivo no IES Xermán Ancochea de Trives. Trátase do primeiro notificado na comarca trivesa.

Ademais rexístraxe un lixeiro descenso nos positivos en centros educativos de Valdeorras. Así, a Escola Infantil Los Juglares mantén 3 positivos, o CEIP Julio Gurriarán 1, o CEIP Ramón Otero Pedrayo 2, o Colexio Divina Pastora 1, o IES Lauro Olmo 1 e o IES Martaguisela 2. Tamén continúa cun positivo o CEIP do Bolo e con outro o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín.

Así mesmo, seguen con dous positivos no IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button