A RúaConcellosO BarcoÚltima horaVilamartín

Un positivo de Covid no instituto da Rúa e outro no colexio de Vilamartín

Valdeorras suma un total de 16 casos en centros educativos. Ademais o instituto de Viana do Bolo rexistra dous casos

Exterior do IES Cosme López da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Baixan os positivos de Covid nos centros educativos do Barco, pero aparecen novos casos nos da Rúa e Vilamartín. Así, segundo o último listado feito público pola Xunta, rexístrase un positivo no IES Cosme López da Rúa e outro no CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín.

No caso do Barco, as cifras descenden. Así o CEIP Otero Pedrayo de Viloira pasa dos cinco positivos de onte, a 3, segundo os últimos datos. No resto de centros os datos son os seguintes: a Escola Infantil Los Juglares mantén 4 positivos e unha aula pechada, o Colexio Divina Pastora ten 2 positivos e o IES Martaguisela 4 positivos e unha aula pechada.

A estes datos, súmase un positivo no CEIP P. Virxe do Camiño de Rubiá, co cal os centros de educativos de Valdeorras teñen un total de 16 positivos.

Por outra banda, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo mantén 2 positivos de Covid.

 

Artigos relacionados

Back to top button