En portadaÚltima hora

Un positivo no cribado de Covid do Barco e Rubiá

Cribado no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de facerse público o resultado do cribado de Covid que se realizaba ao longo da xornada do sábado 17 de abril (mañá e tarde) no pavillón polideportivo de Calabagueiros (O Barco de Valdeorras). Estaban convocadas unhas 3.000 persoas (de entre 18 e 64 anos) dos municipios do Barco e de Rubiá.

Dos 3.000 citados (aproximadamente a metade por autoinscrición voluntaria), acudía o 66,3%. En total realizábanse 1.989 probas PCR, nas cales unicamente se detectaba  1  positivo, segundo a consellería.

 

Equipo de cribado do Covid no Barco./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button