A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

Un positivo no IES Cosme López da Rúa eleva a 7 os casos de Covid en centros de Valdeorras

Exterior do IES Cosme López da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Lixeiro incremento no número de casos activos de coronavirus nos centros educativos da comarca de Valdeorras, que suman 7. Así, o IES Cosme López da Rúa volve rexistrar, tras varias semanas, un positivo, tal e como se reflexa no listado que vén de emitir neste 28 de novembro a Xunta de Galicia. Ademais, o Colexio Pablo VI-Fátima, desta mesma localidade, mantén outro positivo.

No caso do Barco, mantéñense os datos: o CEIP Otero Pedrayo de Viloira ten1, mentres o IES Martaguisela e o IES Lauro Olmo do Barco manteñen 2 positivos cada un.

Os centros da provincia de Ourense rexistran un total de 54 casos activos de Covid-19 e dúas aulas pechadas.

Artigos relacionados

Back to top button